Fabulatorio

(A Coruña, 2012)

www.fabulatorio.org

Fabulatorio é un proxecto editorial promovido por Cibrán Rico López e Suso Vázquez Gómez, arquitectos de formación dedicados profesionalmente ao deseño gráfico e editorial baixo o nome de desescribir. desescribir é a maneira que temos de expresar un desexo e unha necesidade: a de cuestionar, poñer en dúbida e, cando é posible, repensar a realidade. Ás veces, se hai sorte, desescribir é tamén descubrir. Cremos que os libros aínda conservan a capacidade de xerar asombro e fascinación, que seguen alumeando ideas, emocións e espazos agochados para seren descubertos. Os libros son, no seu cerne, comunicación: a que transmite e establece novos discursos colectivos, e tamén, a que acontece de xeito íntimo nunha tarde de domingo cun só lector. Os libros propoñen outros tempos. Os libros están nun permanente proceso de seren escritos e desescritos. Ese proceso é o que quere ser Fabulatorio.

Fabulatorio é un lugar para as historias que aínda non foron contadas e para as que pensamos que precisan ser contadas de novo. Como nos contos tradicionais, as historias de Fabulatorio, serano para ser lidas e olladas en si mesmas, pero tamén para imaxinar outras ideas e outros mundos posibles; por iso, Fabulatorio será fábula. Fabulatorio quere experimentar nas capacidades que ten o libro como obxecto para comunicar significados; investigar na relación íntima entre a súa forma e a transmisión e a posta en valor do seu contido.

Fabulatorio é unha experiencia editorial coa vontade de producir de maneira responsable, coa pequena e mediana industria local, optimizando procesos e publicando tiradas reducidas con prezos de venda asequibles. Quere fuxir, ao mesmo tempo, da idea do libro exclusivo orientado a coleccionistas e da produción editorial en masa coa única fin de abaratar custos. Quere establecer redes e empregar os medios de difusión actuais para reducir a distancia entre os que producen e os que se interesan polo que está producido. Cre que o modelo convencional de distribución é insostible e inxusto, encarece sen necesidade o acceso aos contidos e premia ao intermediario en detrimento do autor/traballador. Por iso a canle principal de distribución dos libros editados por Fabulatorio será a de fabulatorio.org e algunhas librarías de referencia cuxa actividade transcende a venda de libros. Salvo excepcións, os contidos e o propio deseño, publicaranse cunha licenza Creative Commons BY-NC-SA.

Fabulatorio nace tamén coa convicción de que o valor do global reside no local. Quere establecer unha comunicación global consciente de que o local é o que diferencia e lle dá autenticidade a esa comunicación. A nosa diferenza é Galicia, por iso todos os libros editados en Fabulatorio o serán sempre en galego. Ademais, na medida das posibilidades e das oportunidades, os libros serán traducidos a outros idiomas. A dimensión do ‘local’ estará presente tamén nos contidos, tanto coma espazo de difusión para autores e creadores galegos, como na investigación en temas e ideas que poidamos considerar de interese no noso contexto, sen renunciar a que reverberen do mesmo xeito noutros lugares e noutras realidades.

Para Fabulatorio, o local será tamén producir e desenvolver proxectos editoriais coa industria do prelo e cos profesionais máis próximos, nunha dinámica de aprendizaxe e intercambio de coñecemento mutuo e leal, interesada en acadar resultados gráficos e editoriais de calidade.

Fabulatorio xorde sen apoios institucionais nin subvencións públicas de ningunha clase, aínda que non renuncia a elas para acometer algún proxecto editorial específico. Fabulatorio nace, pois, da ilusión, do apoio, do compromiso e do traballo de diferentes persoas e profesionais que o fan posible.

Desexamos que Fabulatorio, a través dos libros, sexa un lugar de encontro de sensibilidades e de intereses comúns. Gustaríanos, no 2012, facer nosas as palabras que Anxo Casal lle dirixiu a Rafael Dieste no ano 1928 co gallo da presentación da editorial Nós: “En NÓS estamos todos: uns sabemos xa do noso enrolamento e outros coma vostede, que tamén son da compaña, témolos a bordo aínda que non se teñan decatado”. Fabulatorio Primavera 2012.

Dispara

(A Estrada, 2012)

www.dispara.org

Dispara es un punto de encuentro de las personas interesadas en la fotografía, donde pretendemos mediante la educación y formación avanzar en este campo de la imagen actualmente tan banalizada. Es además una librería física y online, una galería de arte, y ofrecemos servicios de impresión digital en gran formato, laboratorio y digitalización de archivos, seguimiento y ayuda al desarrollo de proyectos de autor, así como la organización de eventos relacionados con la fotografía. En estos tiempos de confusión e incertidumbre, queremos también que la web y la galería se convierta en un espacio de debate y reflexión sobre la forma e utilización de las imágenes , que enriquezca el panorama actual de la cultura y por tanto de la fotografía.

Dispara pretende ser un proyecto libre , independiente y crítico. En este espacio web y físico queremos reunir trabajos fotográficos de carácter documental y artístico que se produzcan dentro de la peninsula Ibérica.Un lugar en el que podamos exponer imágenes del mundo que nos rodea, de los espacios donde se desarrolla la vida, contar historias a través de la mirada de los fotógrafos que mejor las conocen, y nos ofrezcan un discurso documental coherente y crítico, sin miradas secuestradas, interesadas y poco reflexivas. Espacio abierto, este será un punto de encuentro entre los fotógrafos profesionales con experiencia y los nuevos valores de la creación de imágenes, esta abierta a todo el mundo, sabemos de las dificultades que sufren los fotógrafos para encontrar plataformas en las que exponer sus obras. Dispara, es un espacio virtual pero contamos también con un espacio físico en Galicia.

Nuevo registro de cuenta

¿Ya tienes una cuenta?
Entrar en vez O Restablecer la contraseña